A Agadic falla o concurso de ideas de audiovisuais sobre o Camiño de Santiago

Cinco proxectos recibirán axudas para o seu desenvolvemento

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) recollía onte o fallo da primeira fase das "subvencións para o desenvolvemento de cinco proxectos e para a posterior produción dunha obra audiovisual que fomente a difusión dos valores culturais do Camiño de Santiago". Esta liña de axudas concedeu apoio para cinco propostas de temática xacobea entre as que se seleccionará unha para a que se prevé un apoio económico de ata 1,5 millóns de euros.

Os cinco proxectos que se seleccionaron nesta primeira fase dos sete que se someteron a valoración foron todos series para televisión que recibirán 15.000 euros para o seu desenvolvemento. El camino, é o proxecto de Portocabo TV, mentres Zenit Televisión propuxo 100 km. El camino, Ficción Producciones Tres caminos, Agallas Films Mi camino e Diez Caminos o proxecto O legado de Matthew Steward. Ficaron fóra dos seleccionados Iacobus, o misterio das catro
chaves
da produtora CTV e Compositum Tellus, terra de meigas de Galicia Final del Camino.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Axencia Galega das Industrias Culturais, Ficción Producciones, Portocabo...