A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ven de facer publica a resolución da súa subvención para a produción dunha serie de ficción para televisión sobre o Camiño de Santiago. O proxecto Tres caminos da produtora amiense Ficción Producciones foi o seleccionado pola comisión de valoración e recibirá 1.500.000 euros para a súa realización. Esta resolución é a segunda fase da convocatoria de axudas de Agadic que comprende subvencións para o desenvolvemento de cinco proxectos audiovisuais, xa resoltas previamente e entre os que estaba o proxecto de Ficción Producciones cunha adxudicación de 15.000 euros, e desta fase para a axuda á produción da obra audiovisual de contido especÃfico que fomente a difusión dos valores culturais do Camiño de Santiago de cara á celebración do Xacobeo 2021.