Grand Soul Band vira a un rock máis escuro no seu terceiro traballo discográfico

O pub Boulevard en Fisterra acolle esta noite a presentación de From Here to Eternity

8/6/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O pub Boulevard, en Fisterra, acolle esta noite o concerto de presentación do novo álbum de Grand Soul Band. A banda de Santa Comba dá un xiro cara ao grunge desde o seu rock de guitarras en From Here to Eternity, o seu terceiro traballo. Os estudios de Paco Loco no Porto de Santa María (Cádiz) acolleron a gravación dos dez temas do álbum, nos que a guitarra mantén o seu protagonismo e o conxunto crea atmósferas traballadas e máis escuras do que en traballos anteriores.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rock, Fisterra, Cádiz, Medios de comunicación

Claves

Lugares