Chicharrón envía unha Postal no seu segundo traballo

A banda de Carballo aposta por sons máis electrónicos no novo álbum

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Chicharrón envía unha Postal no seu segundo traballo

Con formación ampliada, a pasar de trío a quinteto, presenta Chicharrón Postal, o seu segundo álbum. Alberto Vecino, Diego Gende e Rubén Domínguez incorporan nesta ocasión a Mar Catarina aos teclados, que acadan un importante protagonismo, e a Xurxo Meis á batería. Deste xeito, a banda de Carballo mantén o seu carácter indie aínda que aposta por sons máis eléctricos nos doce temas que edita da man Prenom. Os estudios A Ponte de Tomás Ageitos acolleron a gravación deste proxecto. O álbum está dispoñible nunha edición limitada de 250 copias que sae nun cartafol de 7" con insert, postal da portada e funda protectora de plástico groso.O grupo está en plena xira de presentación do traballo.

Que che parece esta nova?
108 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chicharrón, Carballo

Claves

Entidades
Lugares