Fernando Castro Paredes faise co I Premio Roberto Vidal Bolaño

Impúxose con A derradeira bala aos 22 textos dramáticos presentados

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Fernando Castro Paredes faise co I Premio Roberto Vidal Bolaño

A derradeira bala é o título da obra coa que Fernando Castro Paredes se acaba de facer co I Premio Roberto Vidal Bolaño de Textos Teatrais. O xurado, composto por Sther F. Carrodeguas, Roi Vidal, Paula Carballeira, Manuel Núñez Singala, Delio García Represas e Raquel Castro como secretaria sen voto, seleccionaba onte o seu traballo entre as 22 obras que se presentaron ao certame. Na acta, os membros destacaron a "habilidade coa que o autor trata temas como o amor e a guerra dunha maneira lúdica e sinxela. Levando a cabo un tratamento do absurdo dos conflitos bélicos dende o propio absurdo. A obra amosa as voltas que dá a vida e a estupidez de moitas das escollas ás que nos aferramos con fervor, poñendo de relevo a necesidade de enfrontarmos conflitos morais e tomar decisións complexas. En canto á linguaxe destacan a ironía e o humor así como o coidado da dimensión poética".

O galardón, que convocan a Editorial Galaxia en colaboración co IES Ribeira do Louro ten como premio a publicación da obra na colección Costa Oeste desta editora. A entrega do premio farase o vindeiro 30 de xuño ás 19 horas no bar Liceum do Porriño.

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fernando Castro Paredes, Roberto Vidal Bolaño, Bala, Paula Carballeira...