Nastasia Zürcher volta con premio para Galicia do festival Liet Internacional

A cantante obtivo o segundo posto e conseguiu o premio dos músicos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Nastasia Zürcher no Liet 2018. Fotografía de Nico Boersma.

Nastasia Zürcher no Liet 2018. Fotografía de Nico Boersma.

O festival Liet International 2018, que se desenvolveu na cidade holandesa de Leewarden o pasado 23 de maio, acabou con recoñecementos para Galicia. Esta competición musical para bandas e solistas que traballan en linguas minorizadas de europa contou nesta décimo segunda xeira coa presenza de dúas formacións galegas, a banda Familia Caamagno e mais a solista Nastasia Zürcher. Foi esta última a que conseguiu o recoñecemento no evento, quedando segunda na clasificación xeral, na que se viu superada pola banda córnica The Rowan Tree. Ademais, a cantante galega trouxo para a casa o premio dos músicos, que outorgan os propios participantes no evento. Zürcher contou co seu produtor Adrián Saavedra ao piano para interpretar o seu tema Espertos no festival.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Familia Caamagno, Europa, Medios de comunicación

Claves

Entidades
Lugares