Gañadora da categorÃa Blues, Funk e Soul nos III Premios MartÃn Códax da Música (2016), a cantante e compositora suÃzo-galega Nastasia Zürcher ven de sacar o que é o seu segundo traballo de longa duración Beat tras do seu álbum debut My Flight (2015) e con unha gran presenza de directos por toda a xeografÃa galega nestes dous anos, especialmente neste último. Gravado nos estudios Disquesi (A Coruña) e baixo a produción do músico Adrián Saavedra, Beat (Rock CD Records, 2017) está conformado por dez temas propios nos que a artista sorprende a que non tivese ocasión de vela en concerto cantando en catro idiomas (galego, castelá, inglés e francés) e exhibindo a súa calidade vocal nesa variedade de rexistros que manexa desde o pop ou soul máis intimista e sensual ás sonoridades new age co referente dunha música negra que amosa desde as súas orixes africanas e os primeiros pasos destes ritmos ata as actuais propostas que a nivel global representan artistas tan coñecidas como Rihanna ou Paloma Faith, voces entre as que non desmerece a da artista suiza-galega para orgullo de todos. A artista saca partido nas súas composicións á unha enorme capacidade para achegar complexas e profundas interpretacións vocais cheas de cor cun acompañamento instrumental e de produción elegante e cheo de brillos e chiscadelas que dan dimensión e vitalidade ao disco. Como di no tema que abre o disco, Fluir, Nastasia crea desde a alegrÃa e en cada un dos idiomas que elixe hai tamén unha intención diferente de achegarse aos estados de ánimo ao mesmo tempo que a unha actitude musical sen fronteiras nin lÃmites. Os disco xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais e tendas fÃsicas en formato CD.