Familia Caamagno competirá no festival SUNS Europe de linguas minoritarias

Novedades Carminha recibe o Premio Pop Eye polo seu álbum Campeones do mundo

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaLingua
Compartir:
Familia Caamagno competirá no festival SUNS Europe de linguas minoritarias

A banda Familia Caamagno coa canción Lausanne (on my mind) tomará parte na final competitiva do festival SUNS Europe 2016 o vindeiro tres de decembro en Udine (Italia). Outras nove propostas musicais competiran cos músicos galegos neste festival dedicado á música en linguas minoritarias de Europa. O festival é un punto de encontro e intercambio entre artistas, linguaxes e comunidades usando cadansúa lingua en creacións musicais, audiovisuais ou literatura. Lausanne (on my mind), canción extraída do seu Mini LP Para unha vez que saímos (Lixo Urbano, 2016), foi a peza elixida pola irreverente banda de Sigüeiro para participar neste festival.

Outra banda galega, Novedades Carminha ven de ser recoñecida nos Premios da Música e Creación Independiente Pop Eye, organizados desde o Festival Cáceres PopArt, de Extremadura. O disco Campeones del mundo (Ernie Records, 2016) foi elixido como o mellor álbum nacional do ano.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Familia Caamagno, Pop, Novedades Carminha, Mos...