Ataque Escampe serán os representantes da música en galego na quinta edición de Suns Europe, o festival europeo das artes en lingua minoritaria -organizado cada ano pola cooperativa Información Friulana, co apoio económico do ARLeF (agencia rexional da lingua friulana) e a fundación Friuli– que terá lugar na rexión italiana de Friuli-Venecia Julia desde o 15 ata o 30 de novembro. Será nese derradeiro dÃa, o 30 de novembro, cando a banda compostelá levarán a cabo a súa actuación no Teatro Giovanni da Udine competindo coa canción Arder, do seu álbum O disco vermello (2014), nesta mostra competitiva internacional. Por anteriores edicións deste festival pasaron Caxade, Familia Caamagno, Esposa e Espiño. Ademais dos galegos tamén estará a catalana Magalì Sare, e estarán presentes grupos e artistas de Cerdeña (i Malasorti), PaÃs Vasco (MockerÂ’s), Gales (Sybs), Cantón dos Grigioni (Mattiu Defuns), Illas Faer Øer (Son of Fortune), occitanos (Mauresca Fracas Dub), baixos saxóns (Leon Moorman) e os anfitrións friulanos (Silvia Michelotti).