O músico Alfonso Espiño, máis coñecido polo seu alcume artÃstico Espiño, representará á música galega no Festival das artes en linguas minoritarias Suns Europe. Nesta cuarta edición do evento que se celebra anualmente na rexión autónoma italiana de Friuli lévase a cabo un festival-concurso musical no que participan representantes de rexións con linguas minoritarias de seu seleccionados entre máis de 50 propostas. Na noite do 1 de decembro competirán con Espiño no Teatro Nuovo Giovanni da Udine artistas do Cantón dos Grisóns, dos paÃses cataláns, da minorÃa sueca de Finlandia, PaÃs Vasco, Gales, Baixa Saxonia e Ladinia. Suns Europe ten como leitmotiv a defensa do "Dereito á lingua, dereito á diversidade" e como misión, en lñiña con esta motivación busca “promover as produccións artÃsticas contemporáneas nas linguas minoritarias europeas co obxectivo de apoiar a construción dunha Europa diferente, unida na diversidade, baseada nos dereitos, o pluralismo, o respecto e a colaboración". O festival conta, entre outras moitas, coa colaboración da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica da Xunta de Galicia. nas anteriores tres edicións competiron na mesma final en representación galega Caxade, familia Caamagno e Esposa.