O Festival do Leite, evento patrocinado pola marca láctea Deleite, propiedade dun grupo de varios gandeirosdo sector lácteo, ven de presentar en Lugo a súa segunda edición que se traslada a esta cidade. O cambio de escenario xa estaba previsto o pasado ano cando a primeira edición do festival tivo lugar en Santiago de Compostela e daquela indicuouse a súa condición itinerante. O dÃa 23 deste mese setembro, a que é a capital láctea galega acollerá no parque do Pazo de Feiras e Exposicións esta nova edición ofrecendo a actuación de diversos artistas galegos ao longo de todo o dÃa mantendo o seu formato aberto de romerÃa, como xa fixera no Parque de BelvÃs o pasado ano cando conseguiu reunir a 8.000 persoas. No acto de presentación do evento apuntouse o obxectivo de superar esta cifra de esistencia e presentouseo o cartel de artistas coa colaboración do humorista Xosé Antonio Touriñan, que tamén forma parte do cartel. Caxade, Os Amigos dos Músicos, Terbutalina, Adrián Costa & The Criers, Atrás tigre, Escuchando Elefantes, Musel, The Funkles, Primoirdiais e Cachas & Cousins conforman a parte musical deste evento de asistencia gratuÃta que tamén contará con múltiples actividades de animación. Ademais, os beneficios económicos do Festival do Leite destinaranse a axudar ás persoas refuxiadas. Asemade, do mesmo xeito que o pasado ano, pÃdeselle aos asistentes que aporten algún produto alimentario de primeira necesidade que se destinará aos Bancos de Alimentos. Deleite tamén doará unha cantidade de leite para as persoas máis necesitadas.
Noutra orde de cousas en nun feito sen precedentes, o festival Festa Cidade Europea do Viño, que se vai celebrar este sábado dÃa 9 en Cambados ven de anunciar un importante cambio na súa convocatoria pasando de ser un evento de pago (10 euros a entrada anticipada) a abrir as súas portas ao público sen cobrar entrada. A decisión foi tomada o pasado venres polo Concello de Cambados que valorou a necesidade de incluÃr este evento dentro do carácter gratuÃto que estaban a ter o resto das actividades da celebración da Capitalidade Europea do Viño e en resposta a diversas reclamacións por parte da cidadanÃa de Cambados. O festival mantense sen alteracións en programación e contido e hoxe mesmo comezará a devolución dos importes Ãntegras das entradas a aquelas persoas que xa as tiñan mercadas.