O Maio: unha canción para aprendermos a celebrar de novo

Trece músicos participan versión do clásico poema de Curros Enríquez

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Fotograma do vídeo O maio

Fotograma do vídeo O maio

En xuño de hai 140 anos Manuel Curros Enríquez publicou no seu libro Aires da miña terra o famoso poema "O maio", un poema de denuncia da inxustiza pero tamén de esperanza, que se convertiu desde entón nun dos símbolos da cultura galega, tamén a partir da lexendaria versión musical composta por Luís Emilio Batallán. Agora, para celebrar unha nova primavera, o CCG encargou unha nova versión deste tema a Natalia Zürcher coa produción e arranxo musical de Adrián Saavedra. E así naceu esta nova versión de O maio que celebra os novos tempos e a esperanza. No vídeo, gravado durante o confinamento, participan músicos como Pablo Lesuit, Faia Díaz, Narci Rodríguez, Najla Shami, Eladio Santos, Belem Tajes, Nastasia Zürcher, Leo Burke, Brais Morán, Yhadira, Xiana Lastra, Su Garrido e High Paw. A edición foi de Jairo Moreno. Nestes tempos de confinamento, as palabras de Curros Enríquez e a alegría desta composición lévanos á emoción da esperanza.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Curros Enríquez, Najla Shami, Brais Morán, Pablo Lesuit...