Os premios do Festival Olloboi recoñecen o mellor audiovisual escolar

Boiro acolleu o pasado 11 de maio a entrega dos galardóns do festival

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Os premios do Festival Olloboi recoñecen o mellor audiovisual escolar

Un total de 174 pezas chegadas de 54 centros educativos competiron na edición 2018 de Olloboi, o festival audiovisual escolar. Boiro acolleu o pasado 11 de maio a final do encontro, que repartiu nove galardóns e unha mención especial. Ademais, a xornada incluíu unha nova xeira da actividade Muchachada Matiné, na que 185 rapaces e rapazas crearon pezas audiovisuais a amosar unha perspectiva feminina da vila. Destes traballos foron premiados O paseo, centrado na figura de Bríxida Muñiz, e mais ...e punto, que abordaba a importancia do sector téxtil na economía local.

Palmarés do Olloboi 2018

Olloboi Guión O secuestro IES Macías O Namorado

Olloboi Interpretación Rosa chicle IES Poeta Díaz Castro


Olloboi Peque Mareas Vivas de Lourizán Centro Plurilingüe Sagrado Corazón de Placeres


Olloboi Foto Am4r IES Politécnico de Vigo


Olloboi Arte A mellor sopa do mundo CEIP A Xunqueira nº 2


Olloboi Zamburrioi Conexións IES As Barxas


Olloboi DJ Piñeiros no xardín CPI Eusebio Lorenzo Baleirón


Olloboi Docu Conversas en lata CEIP Torre-Illa


Olloboi Montaxe Zan Hoffman – Bang Bang Crazy IES Praia Barraña

Mención especial na categoría de Olloboi Interpretación Agrios agarimos CAD A Pobra

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Óscars escolares

Óscars escolares

O Festival Olloboi amosa a potencia da creatividade audiovisual no ensino

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Boiro, Economía, Torre, Guión...