Cans abre a súa convocatoria para o envío de propostas audiovisuais

O festival de curtametraxes celebrarase entre o 23 ao 26 de maio de 2018

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Festival de Cans abriu hoxe martes a súa convocatoria para a presentación de obras audiovisuais que queiran participar nesta edición. As pezas deben ser de produción galega e realizadas entre os anos 2017 e 2018. Haberá categorías de curtametraxes de ficción, de animación, videoclips e unha nova sección, "Furacáns", que premiará obras de non-ficción "que asuman maiores riscos narrativos", segundo a organización. En total, serán 7.900 euros en premios. O Festival celebrarase desta volta entre o 23 e o 26 de maio de 2018, por primeira vez sen coincidir co festival de Cannes (Francia).

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Festival de Cans, Cannes, Francia

Claves

Entidades
Conceptos