O Festival de Cine de Ourense premia o audiovisual das escolas

Participaron 119 pezas de 3.404 estudantes de toda Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Festival de Cine Internacional de Ourense celebrou este ano o VII certame OUFFescola, coa finalidade de premiar aos mellores traballos audiovisuais en galego realizados por escolares. O certame repartiu nesta edición 2.600€ en premios que foron entregados esta mesma mañá no Auditorio Municipal. Máis de 500 nenos e nenas chegados de 14 centros educativos de toda a xeografía galega asistiron á gala de entrega dos galardóns en Ourense.

PALMARÉS VII CERTAME OUFF Escola [nota de prensa oficial]

• 1º premio de 600€ na categoría “Demais niveis de ensino non universitario”: Os xeranios do señor Alfonso do CPI Virxe da Saleta, de Cea.

• 1º premio de 600€ na categoría “Infantil ou Primaria”: O mago Rosa do CEIP Plurilingüe Otero Novas, de Cortegada.

• 2º premio de 400 € na categoría “Demais niveis de ensino non universitario”: Sons do camiño do IES Chamoso Lamas, de O Carballiño.

• 2º premio de 400 € na categoría “Infantil ou Primaria”: Ranilda do CEIP de A Lama, do concello pontevedrés de A Lama.

• Premio de 300 € ao mellor guión da categoría “Demais niveis de ensino non universitario”: O capitán Penedo do CPI Antonio Failde, de Coles.

• Premio de 300 € ao mellor guión da categoría “Infantil ou Primaria”: A chave para 6.000 presos, do CEIP Torre Illa, da Illa de Arousa.
Ademais, na categoría de Infantil e Primaria:

• Mención especial a Señor Ramón e Señora Ramona, do Centro de Educación Especial de Vilagarcía de Arousa.
• Mención especial a Maruxa do CEIP Coirón Dena, de Meaño.
• Mención especial a A máscara do león do CEIP Plurilingüe A Pedra, de Bueu.

E na categoría “Demais niveis de ensino non universitario”:

• Mención especial a Curuxás do IES do Camiño, de Palas de Rei.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Escolas, Festival de Cine de Ourense, OUFF...