O Festival de Cine de Ourense tivo 10.000 espectadores na última edición

Máis de 3.000 persoas participaron nas actividades organizadas polo Festival

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Dúas semanas despois do peche da 16 edición, o Consorcio do Festival de Cine de Ourense acaba de facer público as cifras de asistentes. Nesta ocasión pasearon por alí preto de 10.000 espectadores, que supón un 16% respecto á pasada edición. Deses espectadores, as proxeccións de Cinebox foron as máis seguidas (5.229) logo do Auditorio (3.191 euros) e do Teatro Principal (726). Por formatos, as longametraxes conseguiron captar a un maior número de público, menters que no caso dos ciclos o de comedia obtivo mellores resultados. Con todo, a presidenta do Consorcio e concelleira de Cultura, Isabel Pérez, destacou a diminución dos escolares presente na gala do OUff Escola e, con todo, destacou a presenza “dos docentes nestes momentos difíciles para as actividades extraescolares”.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense, Teatro, Comedia...

Claves

Conceptos
Lugares