Máis público nas proxeccións do Festival de Cine de Ourense pero menos nas homenaxes

Alfonso Cabaleiro cuestionou a función do festival nunha visita á cidade das Burgas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O público volcouse de forma irregular con esta edición do Festival de Cine de Ourense. Dunha banda, incrementou o número de asistentes as proxeccións cinematográficas (6.047 en total, que fan unha media de 756 por día); pero, da outra, foron moi poucos os presentes nas actividades paralelas e actos de homenaxe. En total 311 persoas acudiron ás actividades previstas para lembrar a figura de Norman McLaren, a Eduardo Blanco Amor e a Eloy Lozano. A concelleira nacionalista, Isabel Pérez falou de “pouca complicidade” da sociedade ourensá, aínda que o director, Enrique Nicanor, deu por cumpridos os obxectivos. Esta fin de semana coincidiu unha visita a Ourense do secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro,que foi moi crítico coas cifras e recoñeceu que “non coñece a auténtica función” do festival.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense, Cidade das Burgas, Eloy Lozano...