O Festival de Cine de Ourense homenaxeará a Eloi Lozano

A cita co audiovisual terá lugar do 10 ao 17 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Foi un gran impulsor do audiovisual no noso país e un dos promotores do Festival de Cine de Ourense. Por iso, esta edición do festival (do 10 ao 17 de outubro) recuperará a figura de Eloi Lozano. O director-xerente do encontro, Enrique Nicanor, avanza que será a proxección dun dos seus filmes e, “na medida do posible, procuraremos que haxa un coloquio sobre a súa figura porque en Ourense deixou moitos amigos”. Esta homenaxe únese á doutro orensán, Eduardo Blanco Amor, cando se cumpre o cincuenta aniversario da publicación de A esmorga. Para iso, está previsto que se proxecte a versión cinematográfica da novela ao tempo que se busca material documental e se xestiona a presenza na cidade dos protagonistas e os actores da película.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense, Documental, Esmorga...