O Festival de Cine de Ourense homenaxeará a Eduardo Blanco Amor

Está aberto o prazo de recepción de filmes da XIV edición

5/3/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Este ano cúmprense 50 anos da publicación da novela de Eduardo Blanco Amor, A esmorga. Por ese motivo, o festival de cine de Ourense renderá unha homenaxe ao escritor, dramaturgo e xornalista galego. Canda esta novidade xa se coñece o lema desta décimocuarta edición: “Ano Europeo da Creatividade e da Innovación”. Ademais, acaba de abrirse o prazo de recepción das seccións oficiais (longametraxes de ficción, documentais, curtametraxes de ficción, animación e novos media) dun festival que terá lugar do 10 ao 17 de outubro.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense, Eduardo Blanco Amor, Ourense...