O Festival de Cine de Ourense baixará a contía dos premios e manterá actividades paralelas

Están a negociar novas fórmulas de colaboración económica

A desputa entre a Deputación de Ourense (presidido por José Luis Baltar) e o departamento municipal de Cultura (gobernada pola nacionalista Isabel Pérez) continúa a escribir novos capítulos. Despois da aprobación de deixar de financiar ao consorcio do Festival Internacional de Cine (malia que os seus estatutos explicitan que se ha de notificar cun ano de antelación), o certame sufrirá modificacións. Con todo, a presidenta do Consorcio, Isabel Pérez, asegura que de confirmarse a baixada do orzamento nun 22%, notarase na contía dos premios, pero non en actividades paralelas como (Cine baixo as Estrelas, ou o apartado destinado ás escolas, ou o Espazo de Cine, que mantén programación cinematográfica estable ao longo de todo o ano).

No entanto, tanto Deputacion como o Concello lánzanse reproches cruzados sobre a súa implicación e financiamento en actividades que, tradicionalmente celebraban de xeito conxunto. Mentres segue a polémica, segundo publica hoxe o xornal La Región, están a negociar acordos en política cultural para darlle continuidade as actividades. No que afecta ao festival de Cine, en xaneiro está programado un Consello Reitor para que se oficialice a saída da Deputación e se aproben as bases desta edición.
Ligazóns