O Festival de Cine de Ourense tivo preto de 14.000 espectadores

Mil profesionais participaron nos masterclass e demais actividades

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

“Ourense punto de encontro e de desenvolvemnto da industria cinematográfica galega” así resumiu o director do festival de Cine, Enrique Nicanor, a valoración desta décimoquinta edición. En canto ás cifras, a organización facilitou un desglose detallado de participación xeral (13.964), dos profesionais (999), de escolares (1.275) e, ata do impacto económico que supuxo a cidade (355 noites de hotel repartidas en 6 establecementos hotaleiros). No lado das análises cualitativas, a presidenta do Consorcio, Isabel Pérez, apuntou a implicación de Luís Tosar, o anuncio da celebración en Ourense da gala dos Mestre Mateo así como a presentación dos filmes “A esmorga” e “Anos Despois” dirixida pola neta de Carlos Velo, Laura Gardós.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Festival de Cine de Ourense, Carlos Velo, Luís Tosar...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares