Ourense presenta a selección oficial que exhibirá 118 filmes chegados de 45 países

O festival non contará cun director polo seu elevado custe, pero sí cun administrador

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Isabel Pérez, a presidenta do Consorcio para o Festival de Cine de Ourense, entidade que mantén a cita audiovisual, presentou onte a selección oficial da XVI edición do Festival de Ourense. Unha cita que se desenvolverá do 14 ao 23 de outubro e que contará con 118 producións repartidas nas sección habituais (longametraxes, documentais, curtametraxes, animación e novos media). As cifras de participación son lixeiramente superiores que en edicións anteriores que peneirou un equipo de 12 visionadores coa supervisión fina de César Silva, Antonio Ginori e Óscar Iglesias. Trala destitución de Enrique Nicanor como director-xerente do festival polo seu elevado salario, o consorcio non cubrirá a vacante, aínda que conta cun administrador, Diego G. López que tamén exercerá as veces de voceiro. O orzamento desta edición será de 450.000 euros.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Animación, Cine, Festival de Cine de Ourense...