Unha produción galega pechará a XVI edición do Festival de Cine de Ourense

Anos despois é unha coprodución hispano-mexicana dirixida por Laura Gardos Velo

4/10/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
51 lecturas | Compartido 0 veces

A neta do cineasta galego Carlos Velo, Lauga Gardos, dirixe a produción que poñerá o punto e final á XVI edición do Festival de Cine de Ourense. Trátase de Anos despois, unha longametraxe que narra o reencontro de dous membros dunha familia a raíz da guerra. O filme está coproducido por Ringo Rango, Televisión de Galicia e o operador de cable R, xunto cos mexicanos, Imagina Senderos e Imcine – Foprocine. Rodado en Ourense, o festival xa ofrecera un adianto deste filme na súa última edición. A proxección terá lugar na gala de clausura que se desenvolverá o vindeiro 23 de outubro.


Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Ourense, Festival de Cine de Ourense, Carlos Velo...