Lisboa acollerá a Biblioteca Castelao

A sede da Asociación José Afonso acollerá 500 volumes de literatura galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Lisboa acollerá a Biblioteca Castelao

A sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela acollía esta mañá a presentación da Biblioteca Castelao. A Asociación José Afonso Galiza e mais o Concello de Rianxo botan a andar esta iniciativa que abrirá as súas portas o vindeiro 19 de maio en Lisboa. A intención é crear na capital portuguesa unha biblioteca dedicada a temas galegos e que reflicta a actualidade da nosa creación literaria.

Co nome de Biblioteca Castelao, o proxecto nace cun núcleo de cincocentos volumes e estará localizado na sede da Asociación José Afonso. Con este proxecto quérese homenaxear ao tempo o grande interese de José Afonso pola realidade galega e mais o recoñecemento de Castelao das ligazóns do noso país con Portugal.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Lisboa, Literatura, Concello de Rianxo...