Un festival homenaxea a José Afonso en Compostela

O Auditorio de Galiza acolle Terra da fraternidade. Galiza a Zeca Afonso o 10 de maio

23/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: música
22 lecturas | Compartido 0 veces

Cartel do festival Terra da fraternidade

Terra da fraternidade. Galiza a Zeca Afonso é o nome do festival co que un grupo de galegos quere celebrar os 40 anos da mítica canción Grândola Vila Morena que o cantor portugués estreou en Compostela. O proxecto concentrará o vindeiro 10 de maio no Auditorio de Galicia actuacións a cargo de, entre outros, Quico Cadaval, Ugia e Fred Martins, Budiño, João Afonso, Trópico de Grelos ou Aline Frazão. O proxecto desenvolverá unha iniciativa de Crowdfunding na plataforma Verkami e venderá mercadotecnia do evento para se financiar.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos