A Deputación da Coruña convoca 40 bolsas para investigación e estudos artísticos

A liña de axudas apoia por vez primeira a pescuda sobre Políticas Culturais

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Logo de ampliar o pasado ano a convocatoria a estudos sobre planificación sociolingüística, as bolsas da Deputación da Coruña engade este ano a investigación sobre políticas culturais a súa convocatoria. A entidade presentaba onte este programa de axudas, que apoia con 160.000 euros vinte proxectos de investigación sobre diferentes áreas e con 180.000 outras vinte propostas de perfeccionamento de estudos artísticos.

No campo de investigación, a convocatoria prevé tres bolsas para cada unha das áreas de Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias, Ciencias da Saúde e Artes e Humanidades. Para Enxeñaría e Arquitectura, Estudos de Xénero, Planificación Sociolingüística da lingua galega ou Políticas Culturais haberá dúas bolsas para cada unha. Para os estudos artísticos convócanse axudas para música (8 bolsas), o teatro e interpretación (3 bolsas), as artes plásticas e visuais (3 bolsas), a danza e as artes do movemento (2 bolsas), o audiovisual (2 bolsas) ou as áreas da ilustración e a banda deseñada (2 bolsas). O prazo para presentar as solicitudes remata ovindeiro 31 de maio.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Danza, Xénero, Arquitectura...