A Deputación da Coruña convoca 20 bolsas de investigación e 20 de estudos artísticos

A bolsas inclúen por vez primeira banda deseñada e ilustración ou artes do movemento

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

A Deputación da Coruña facía pública onte a súa convocatoria de apoio á investigación, que comprende un total de 20 bolsas dotadas con 8.000 euros cada unha para as áreas de ciencias sociais e xurídicas, ciencias da saúde, ciencias, enxeñaría e arquitectura, artes e humanidades, estudos de xénero e planificación sociolingüística da lingua galega. Esta súmase á convocatoria doutras vinte bolsas orientadas a estudos artísticos que se fixo pública a semana pasada. Neste caso, as bolsas atenden as áreas de artes plásticas e visuais, danza e artes do movemento, teatro, música, audiovisual e ilustración e banda deseñada. Nesta caso, cada unha das axudas está dotada con 9.000, cos que se poderá financiar o gasto da realización de estudos artísticos durante o período 2017-2018. Como novidade, esta convocatoria inclúe ilustración e banda deseñada, separa artes plásticas e visuais do audiovisual e incorpora danza e outras artes do movemento.

Para as bolsas de investigación, o solicitantes deberán residir na provincia e vincular o seu traballo a un centro ou organismo de investigación. En total, haberá catro bolstas para proxectos de ciencias, outros tantos de ciencias da saúde, tres para o apartado de de ciencias sociais e xurídicas, tres para área humanidades e dúas para cada unha das outras áreas, xénero, planificación sociolingüística da lingua galega e enxeñaría e arquitectura.

No caso do apoio a estudos artísticos, a convocatoria inclúe oito bolsas da área de música, tres de teatro e interpretación, tres de artes plásticas e visuais, e dúas para cada unha das últimas tres especialidades, danza e artes do movemento, audiovisual e ilustración e banda deseñada.

Os interesados teñen ata o 27 de abril para facer a súa solicitude en ambas as duas convocatorias.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Deputación da Coruña, Danza, Xénero...