A Coruña destina 200.000 euros a bolsas artísticas

Cada solicitante pode recibir ata 10.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Coruña presentou o seu novo programa de Bolsas de Creación Artística, para o que a corporación municipal habilitou un crédito de 180.000 euros. A novidade é o incremento da contía á que poden optar os artistas que presenten proxectos, pasando dun tope de 3.000 euros a 10.000 euros por proxecto. A convocatoria está destinada a todo tipo de disciplinas artísticas, desde as artes plásticas, a música ou a literatura. O proxecto financiou en 2020 41 traballos e en 2021, 21. A iniciativa canalízase a través do Presco (Plan de Reactivación Económica e Social do Concello da Coruña).

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Concello da Coruña

Claves

Conceptos
Lugares