As bicis foi a obra coa que o ourensán Xabier Cid acaba de se facer co XXI Certame de PoesÃa Concello de Carral. O xurado destacou o bo nivel dos 38 poemarios presentados e considera que a obra gañadora "é un libro escrito como un proxecto poético, construÃdo desde unha suposta mirada e voz feminina e feminista, innovador na disposición dos versos e puidéndose definir como experimental ou alternativo". Segundo o fallo "existe unha intención visual na disposición dos textos, explotando a posibilidade estética da páxina en branco. O autor provoca aos lectores a través das diferentes lecturas posibles".
O xurado do concurso estivo formado por Mercedes Queixas, Xosé LuÃs Mosquera e Verónica MartÃnez, coa presidencia da Concelleira de Cultura, Margarita Ramilo Varela, e asistidos en calidade de secretario, polo técnico municipal de Cultura e coordinador do premio, Carlos Lorenzo Pérez. Cid leva un premio en metálico de 2.500 euros e verá a súa obra publicada en Espiral Maior.