Un incendio rematou coas vivendas do castro das Barreiras

Finaliza a campaña de excavación

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Finalizou a campaña de excavación no castro das Barreiras (Vimianzo), un sitio arqueolóxico atípico, xa que está emprazado no medio da chaira do val. Segundo declarou a La Voz de Galicia o responsable da intervención, o arqueólogo Ángel Concheiro, as dúas vivendas exhumadas viñéronse abaixo tras un importante incendio do que fica en terra un importante nivel de queimado. Entre as novidades da intervención atópase a confirmación da existencia de obradoiros metalúrxicos no castro, xa que se atopou un molde de fundición, así como a súa cronoloxía de finais da II Idade do Ferro, entre o século III a.C. e o I a.C.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Un sol alumea nas Barreiras

Un sol alumea nas Barreiras

A segunda campaña arqueolóxica no castro vimiancés permite coñecer máis sobre o carácter e o final dun asentamento da Idade do Ferro

Castrexos fóra dos castros

Castrexos fóra dos castros

O arqueólogo Ángel Concheiro identifica en Riós (Ourense) un excepcional sitio arqueolóxico da Idade do Ferro

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Idade do Ferro, La Voz de Galicia, Vimianzo, Arqueoloxía

Claves

Entidades
Lugares