O menos coñecido dos nomeados galegos, Xosé Prieto, foi o galardoado na gala dos Max

Max Prieto

Con “Monólogo dun imbécil” Xosé Prieto fíxose co premio Max no apartado de mellor autor teatral en galego. Un texto interpretado por Santi Prego que conta os problemas de comunicación da personaxe co mundo. A gala dos Max foi a máis reivindicativa das que se levan celebrado con referencias á catástrofe do “Prestige” e á guerra de Irak. Entre os nomes propios que destacaron na gala estivo o de Josep María Flotats que subiu tres veces ao escenario para recoller os premios ao mellor espectáculo de teatro, mellor dirección de escena e mellor traducción ou adaptación de obra teatral por “París 1940”






Máis información en
La Voz de Galicia, no Faro de Vigo e en El Correo Gallego