Carlos Álvarez, Gustavo Pernas e José Luis Prieto compiten polo premio Max ao mellor autor teatral en galego

Max teatro

30/1/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Xa se coñecen os finalistas dos premios Max, que recoñecen as melloras obras de teatro representadas no último ano. O andaluz Carlos Álvarez por unha obra en galego e castelán, “A casa do pai”; Gustavo Pernas por “Final de película” e José Luís Prieto por “Carambola: cóncavo convexo” son os finalistas no premio a mellor autor teatral en galego. Nesta edición, as grandes favoritas son “Antígona ten un plano” (de Javier Muñoz) que ten once candidaturas e “Peer Gynt” (de Calixto Bieito) con oito. O gañador saberase o 16 de abril no transcurso da gala desta décima edición.

Máis información no web dos premios, en La Voz de Galicia, Galicia Hoxe, Faro de Vigo e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Álvarez, Teatro, Vigo, Premio Max...