Xosé Luís Prieto gaña o segundo premio Max na candidatura a mellor autor galego

Max Prieto

Por segunda vez consecutiva, Jose Luís Prieto subiu ao escenario a recoller un premio Max como mellor autor galego. Esta vez foi premiado por “Fobias” unha obra producida por “Lagarta, Lagarta”. Os que non se puideron lucir foron os de Nova Galega de Danza que eran candidatos ao espectáculo revelación con “Alento” na súa primeira montaxe. O resto da gala, que tivo lugar no auditorio de Guadalaxara, repartiu os premios das 27 categorías establecidas pola Sociedade de Autores onde Rosa Maía Sardá, Josep Flotats e Héctor Alterio foron os trunfadores.


Máis información sobre as candidaturas na nosa hemeroteca e sobre os premiados no web da SGAE