“Animaliños” de Roberto Vidal Bolaño foi a gran triunfadora duns María Casares críticos e reivindicativos

María Casares estivo no Rosalía

28/3/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Agardábase polémica e hóuboa. Os Premios María Casares que recoñecen o traballo do teatro profesional galego entregáronse onte pola noite no coruñés Teatro Rosalía en medio dunha gala de loito pola guerra e pola marea negra. E con respecto aos premiados, tamén había claros favoritos e tampouco houbo sorpresas. “Animaliños” do finado Roberto Vidal Bolaño fíxose con catro galardóns (iluminación, texto orixinal, dirección e espectáculo). O Premio de Honra Marisa Soto foi para a xeración que hai 25 anos puxo en marcha o teatro profesional galego.

Máis información en La Voz de Galicia , no Faro de Vigo no web da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena e listaxe dos gañadores en Vieiros

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Casares, Teatro, Roberto Vidal Bolaño, Vieiros...