Unha macrofoliada celebrará no Gaiás o BIC da danza tradicional

A Consellaría da Cultura organiza entre o 8 e o 10 de xuño Serán_01. I Encontro Galego de Cultura Popular

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Unha macrofoliada celebrará no Gaiás o BIC da danza tradicional

A celebrar a incoación onte do expediente para declarar ben de interese cultural de carácter inmaterial o baile tradicional galego, a Consellaría de Cultura acaba de anunciar un grande evento dedicado á cultura popular. Serán_01. I Encontro Galego de Cultura Popular reunirá na Cidade da Cultura máis de corenta espectáculos de folclore galego entre os días 8 e 10 de xuño vindeiros. Segundo anuncia o departamento da Xunta, o Gaiás acollerá un programa cun milleiro de artistas coordinado por Quique Peón no que participarán nomes como Davide Salvado, Uxía, Budiño, Leilía ou Susana Seivane entre moitos outros.

O evento inclúe un Festival Folclórico que reunirá grupos de baile tradicional, un Concerto de Coros Históricos coa participación de Toxos e Flores (Ferrol) e De Ruada (Ourense) ou o Foliadón, unha sesión de cinco horas que reunirá centos de artistas sobre o escenario, integrando afeccionados, profesionais e mesmo informantes que conservaron na súas aldeas estas tradicións. Para alén de exhibicións de baile e música, Serán_01 incorpora contidos formativos, obradoiros infantís, unha zona de mercado e exposicións ou desfiles de traxes tradicionais.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Danza, Davide Salvado, Susana Seivane...