Está maña tivo lugar na LibrarÃa Couceiro de Santiago a presentación á prensa de De Gres a Cádiz, un libro inédito do desaparecido Xosé Neira Vilas (Gres, 1928-2015) editado na Editorial Galaxia pola profesora da USC Dolores Vilavedra e LuÃs Reimóndez, presidente da Fundación Xosé Neira Vilas. En De Gres a Cádiz enmárcanse as vivencias do autor no perÃodo comprendido entre a súa estancia no Gres que o vÃu nacer, e a chegada a Cádiz, cidade onde se embarcou aos 20 anos cara a América. En definitiva, unha crónica da primeira parte da súa vida que nos vai permitir completar, con precisión, ese chanzo da súa biografÃa. Neira Vilas comezou a escribir este libro en xaneiro de 1996 e está composto por un “ramallete de lembranzas, de prosas condensadas”, tal como afirma o propio autor no limiar que deixou preparado para esta edición. A este novo libro inédito, que aparecerá dentro da Biblioteca de Autor, sumarase en 2019 un segundo volume tamén descoñecido ata o de agora.