Dous autores galegos gañan o V Certame Iberoamericano de Dramaturxia Carlos Schwaderer

O carballinés José Dominguez e o vigués Carlos Segovia acada o primeiro e segundo premios respectivamente

| Santiago. Redacción | Seccións: TeatroLiteratura
Compartir:

O xurado do V Certame Iberoamericano de Dramaturxia Carlos Schwaderer convocado en Castuera (Badajoz) pola Asociación para o fomento da práctica teatral en nenos, adolescentes e adultos ‘Atizar’ ven de fallar o seu ditame concedendo a dous autores galegos o seu primeiro e segundo premio. O primeiro premio do certame foi para a obra ' Push, Push, Preludio' escrita polo carballinés José Domínguez-Bueno (O Irixo), autor retornado tras un longo período en Venezuela onde desenvolveu a súa carreira profesional no teatro, tanto como dramaturgo ou director como na interpretación. Pola súa banda o autor vigués Carlos Segovia acadou o segundo premio do certame coa peza 'Cómo te odiamos, Mozart'. Os premios entregaranse este vindeiro 29 de agosto en Castuera.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mozart, Teatro, Venezuela

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares