O ciclo de música Galicia Importa regresa aos escenarios galegos despois de varios anos, de novo baixo a organización da produtora Sweet Nocturna. O primeiro concerto desta nova etapa será o que o músico israelà Asaf Avidan ofrecerá este xoves 19 na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Mantense nesta edición o obxectivo co que Galicia Importa se puxera en marcha en 2008 para achegarlle ao público galego os directos de destacados nomes da escena musical internacional nun formato especial e máis próximo aos espectadores. A Axencia Galega de Industrias Musicais (AGADIC) colabora con esta programación, que se estenderá durante todo o ano, continuará coas actuacións da lendaria Ronnie Spector (21 de xuño) e da banda estadounidense Mercury Rev (18 de setembro), para as que proximamente se anunciarán as localizacións xunto con novas citas do ciclo. Con seis edicións entre 2008 e 2014 e máis de 40 concertos celebrados, o ciclo reactÃvase en 2018 coa actuación de Asaf Avidan, ao que The New York Times definiu como "o prodixioso músico que compón como Leonard Cohen, canta como Robert Plant e ten o carisma dos artistas de cabaré máis grandes".