Tres novos concertos súmanse ao ciclo Galicia Importa

Mavis Staples actuará en Compostela, e Therapy? e Saint Etienne en Vigo o vindeiro outono

5/7/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A cantante de soul Mavis Staples actuará no Auditorio de Galicia o vindeiro 6 de novembro. Máis tarde, a Sala Mondo de Vigo acollerá os concertos do trío de rock Therapy? (15 de novembro) e do grupo de pop electrónico Saint Etienne (16 de novembro). Estas son as novas incorporacións ao ciclo Galicia Importa, que patrocina a Consellaría de Cultura e organiza a produtora Sweet Nocturna. As entradas poranse á venda logo do 1 de agosto a través de Servinova.

Que che parece esta nova?
16 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Pop, Rock, Auditorio de Galicia...

Claves

Conceptos