O ciclo Galicia Importa achegará cinco novos concertos

Patrick Wolf, Bonnie ‘Prince’ Billy, Adam Cohen, Aloe Blacc e Bettye Lavette son as incorporacións

6/9/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Consellaría de Cultura presentaba esta mañá a última xeira do ciclo Galicia Importa, que achegará ata o noso país ao longo do vindeiro outono, cinco concertos. Patrick Wolf (13 de outubro en Vigo), Bonnie ‘Prince’ Billy (22 de outubro na Coruña), Adam Cohen (27 de outubro en Compostela), Aloe Blacc (6 de novembro en Compostela) e Bettye Lavette (8 de novembro na Coruña) son as incorporacións confirmadas no programa. O titular de Cultura, Roberto Varela, sinalou no entanto que haberá máis actuacións antes de que acabe o ano.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Roberto Varela, Vigo, Santiago de Compostela