Kings of Convenience abren o Festival Sinsal Outono 2009

A organización fechará o programa nos vindeiros días

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Malia a que faltan aínda por fechar algúns grupos e datas, a organización do Festival Sinsal presentou xa un adianto do que achegarán neste outono. Kings of Convenience serán os responsables de abrir a programación o vindeiro 3 de novembro en Vigo. Canda a eles, están confirmadas as presenzas de Bedroom Community (4 de novembro), The Dodos (17 de novembro) e de Emilio José. Antes destes concertos, os días 23 e 24 de outubro a Fundación Seoane da Coruña acollerá unhas xornadas sobre Ruído e Capitalismo. A organización promete máis datos do programa para os vindeiros días e novidades no evento de cara a 2010.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinsal, Fundación Seoane, Vigo

Claves

Lugares