
As seguintes xornadas deste Sinsal Museo do Mar terán lugar os vindeiros sábado 20 e domingo 21, reunindo nesa fin de semana unha fin de semana de concertos en Vigo nos que o público poderá gozar de propostas musicais dunha ampla e selecta diversidade estilÃstica. Asà o ciclo completará a súa programación cos novos directos que se celebrarán no Museo do Mar na tarde do sábado (17.15 a 22.00 horas) e na mañá do domingo (13.00 a 14.00 horas) e para os que xa está activa a venda de entradas. O recinto museÃstico contará con dous escenarios, situados nas salas Curiosidades cientÃficas e Lonxa, nos que se sucederán os concertos ao longo da tarde. Na primeira das salas, a máis pequena das dúas, terán lugar as actuacións en acústico do compositor e produtor británico residente en Vigo Adrian Timms e rebe.
A sala de maior capacidade, Lonxa, acollerá na tarde do sábado 20 os concertos do músico e artista sonoro Marco Maril, que presentará por primeira vez en Vigo o seu último disco, 15.11.18, inspirado precisamente no Museo do Mar; Verde Prato, unha das máximas expoñentes da xeración de artistas que está a recuperar e reformular a tradición popular vasca da man de elementos electrónicos, debutará na cidade; e Nacho•Faia•Lar, o novo proxecto dos recoñecidos músicos Nacho Muñoz, Faia e Lar Legido. Ao dÃa seguinte, ás 13.00 horas do dÃa 21, o pianista e compositor galego de bandas sonoras Nico Casal ofrecerá o seu primeiro concerto na cidade olÃvica.