O III Espazos Sonoros achegará concertos a 21 espazos monumentais do país

O ciclo musical desenvolverase entre o 3 de setembro ao 31 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Corenta e cinco concertos distribuídos en 21 espazos monumentais do noso país. Esta é a proposta que achegará ao público galego o ciclo Espazos Sonoros entre os vindeiros 3 de setembro e 31 de outubro. O Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentaba esta mañá en Compostela o programa. Baixo o lema Unha homenaxe aos nosos públicos poderán escoitarse actuacións de música de cámara, vocal e antiga, canda a unha importante presenza das composicións para órgano entre outros estilos. Xograresca, Ars Atlántica, Oni Wytars, Oh! trío, Alicia Permuy ou Begoña Salgueiro, entre moitos outros artistas, participarán nesta iniciativa.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Santiago de Compostela

Claves

Protagonistas