O segundo ciclo Espazos Sonoros contará con 88 concertos

Desenvolveranse en 27 espazos de interese cultural de todo o país

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O segundo ciclo Espazos Sonoros contará con 88 concertos

Espazos Sonoros, o ciclo que achega a música a espazos de interese cultural e histórico de todo o país xa ten o programa da súa segunda edición. Desta volta serán 88 os concertos que se poderán ver entre o 15 de abril e o 28 de xuño en 27 lugares de todo o país coma a Illa de San Simón, o forte de San Lourenzo ou o aeródromo de Rozas. Música antiga, contemporánea, jazz ou folk son algúns dos estilos que se poderán escoitar no programa, con actuacións do Grupo Meendinho, Emilio Cao, Moscow Art Trio, Camerata Vivace ou Abe Rábade Trío entre moitos outros.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Abe Rábade, Emilio Cao, Folk, Jazz...

Claves

Protagonistas
Conceptos