Abre unha nova xeira de visitas á Illa de San Simón

Os visitantes poderán asistir a concertos do ciclo Espazos Sonoros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Xa se poden facer reservas para visitar a Illa de San Simón, na Ría de Vigo, esta primavera. A partir do 2 de maio iníciase unha nova xeira do programa de visitas guiadas a este espazo nas fins de semana dese mes e de xuño. Cada día haberá tres ou catro viaxes con saídas desde os peiraos de Cesantes, en Redondela e de San Adrián de Cobres, en Vilaboa. Ademais, existe a posibilidade de asistir a varios dos concertos incluídos no ciclo Espazos Sonoros, con actuacións coma a de Emilio Cao, a Orquestra Omega ou Escoitar Danza, entre outros.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illa de San Simón, Emilio Cao, Danza, Ría de Vigo...