Cultura dá continuidade ao ciclo Xacobeo Importa para música experimental e transgresora

Pete Doherty abre o ciclo o 16 de abril na Sala Capitol de Santiago

14/3/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Xa non se chama Xacobeo Importa senón Galicia Importa, pero mantén a mesma filosofía e obxectivos. Cultura acaba de dar a coñecer a programación deste ciclo que programa música máis actual, experimental e transgresora. Pete Doherty, Jay Jay Johanson e Matthew Stephen Ward son algúns dos participantes deste proxecto que, segundo afirma unha nota de prensa da Consellaría, pretende “conseguir que a nosa Comunidade sigua a ser un dos centros de referencia das manifestacións artísticas máis actuais”. O ciclo comezará o vindeiro 16 de abril na sala Capitol de Santiago da man de Pete Doherty.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Sala Capitol, Filosofía

Claves

Entidades
Conceptos