Importa Santiago D.C. quere situar a cidade no panorama da música independente

O programa porase en marcha no 2009

21/10/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Sala Capitol quere facerse un oco no panorama da música independente. Para iso, co apoio do Concello de Santiago presenta dous concertos que concentran a filosofía a seguir: grupos de renome no panorama independente e unha programación estable. Deus (23 de outubro) e Gogol Bordello(11 de decembro) son un anticipo de Importa Santiago D.C., o ciclo que se estreará no 2009 e que pretende converterse nunha referencia para a música independente con concertos de pequeno formato. O apoio do Concello de Santiago permitirá, ademais de custear parte do elevado caché destas formacións, abaratar o prezo das entradas.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Santiago, Deus, Filosofía, Sala Capitol