AGADIC abre a convocatoria para a Rede Galega de Música ao Vivo 2009

As bases inclúen un apoio á contratación de músicos que usen a lingua galega

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Abriuse o pasado 1 de setembro e ata o 30 deste mes a convocatoria a músicos e salas para apuntarse na Rede Galega de Música ao Vivo por o ano 2009. Este programa, agora convocado desde a nova Axencia Galega das Industrias Culturais – AGADIC- presenta algunhas variacións nas normas de funcionamento que o rexerán na seguinte xeira. Se ben o caché máximo que pode presentar un grupo mantense nos 800 euros rebaixa o número de concertos esixibles de seis a catro actuacións contratadas para ter una proposta musical na rede. A nova convocatoria tamén cambia o modelo de subvención ás salas das actuacións do 85% fixo anterior a entre 75% e 90% en función do caché dos músicos, a máis caché menos subvención, e da lingua que estes usen, apoiando cun 5% de subvención adicional os casos de músicos e grupos que usen a lingua galega. Suprímese tamén o reparto entre músicos e sala das recadacións de billeteira que superen a inversión, quedando o empresario co resultado íntegro de venda das entradas.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Galega de Música, Lingua galega, Axencia Galega das Industrias Culturais