Cando se celebra o décimo aniversario do inicio da actividade da Rede Galega de Música ao Vivo, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) ven de publicar esta seman no Diario Oficial de Galicia a convocatoria pola abre, ata o 22 de setembro, o prazo de solicitude de admisión de salas na súa Rede Galega de Música ao Vivo. As bases deste proceso foron consensuadas cos representantes das principais asociacións do sector en Galicia, co obxectivo de avanzar cualitativamente na profesionalización deste circuÃto, que en 2017 ofrecerá preto de 200 concertos nunha trintena de salas de toda Galicia. Posteriormente, segundo informa AGADIC, introduciranse tamén modificacións nas normas de funcionamento interno do circuÃto que, de novo, serán consensuadas co sector. De acordo coa nova convocatoria seleccionarase un máximo de 35 locais para acoller a programación da rede. Poderán optar a formar parte dela as entidades xestoras de salas de música de titularidade privada que reúnan unha serie de requisitos, como estar en posesión das autorizacións legalmente esixidas para realizar espectáculos en directo ou contar cunha programación estable de concertos durante os dous últimos anos.
A Agadic financia o 85% da programación desta rede, promovida en colaboración coa Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo Clubtura, mentres que os locais asociados asumen o 15% restante. Nela teñen cabida unha ampla variedade de estilos musicais, asà como espectáculos escénicos de pequeno formato, cun gran protagonismo dos grupos galegos.