A Xunta prepara un plan de dinamización lingüística para a mocidade

O goberno quere aprobar o plan a fins de 2018

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A Xunta presentou onte o documento marco do que vai ser, segundo anunciou onte, "o primeiro Plan de Dinamización da Lingua Galega na Mocidade". Segundo a Xunta, "debemos apostar por ir máis aló do ámbito educativo, creando situacións contextos e actitudes que favorezan o feito de optar pola lingua propia de Galicia en todos os ámbitos da vida". Para acadalo, a Xunta de Galicia avanzou algunhas das medidas ou obxectivos do plan: "establecemento de acordos cos clubs deportivos para que incorporen a lingua galega ás súas comunicacións, a promoción dunha oferta competitiva de produtos culturais e audiovisuais en galego traducidos, o impulso da transmisión de galego aos fillos nas Escolas de Nais e Pais, o apoio e recoñecemento aos proxectos dixitais que publiquen integramente en galego, o apoio ás opcións dos “neofalantes” como novos usuarios do noso idioma ou o aproveitamento das potencialidades do galego no mundo lusófono á hora de emprender e crear emprego, entre outras". O documento entrará agora nunha fase de avaliación e achegas por diferentes axentes, coma o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e o Parlametno de Galicia.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Escolas, Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega...